Tuesday 21 de May de 2024

A directora xeral de Conservación da Natureza participou no inicio da tempada de pesca fluvial en galicia


A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, participou no inicio da tempada de pesca fluvial en Galicia, unha actividade para a que se expedirán unha oferta de 300.000 permisos de captura nos coutos fluviais da Comunidade, unha cifra similar á da tempada pasada. Nesta tempada, Galicia conta con 149 coutos de pesca, un máis que na tempada pasada, ao engadirse este ano o couto de Carboeiro no río Deza, nos municipios de Silleda e Vila de Cruces, e con 68 tramos libres habilitados para a modalidade de pesca sen morte, dos cales 12 son novos.

A directora destacou que a pesca é unha actividade deportiva que facilita o coñecemento sobre o medio natural e o comportamento dos peixe e tamén ten potencialidade como dinamizador da contorna e do turismo de natureza.